Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Minas del Condado, S.L.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o poste 127 da L.M.T. AF-03 que parte da subestación de Salvaterra, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ata o C.T. que se proxecta en Carreronte-Setados, concello das Neves.
Finalidade da instalación: subministrar enerxía a planta de tratamento de áridos.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 788 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón.
C.T. con dous transformadores de 630 kVA cada un, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.
Orzamento: 9.720.614 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 6 de xullo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-5731