Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso para a contratación de servicios para a piscina cuberta de Lavadores.

I.-Obxecto

O obxecto do concurso é a contratación da prestación dos servicios de limpeza, conservación, mantemento, vixilancia, atención e control dos usuarios, así como dos servicios técnico-docentes, monitores e profesores para impartir distintas ensinanzas e actividades deportivas dependentes do complexo deportivo da piscina cuberta municipal de Lavadores, agás do servicio de cafetería.

II.-Prazo

A duración do contrato será desde o día seguinte ó da data de notificación da adxudicación do servicio ó contratista e rematará o 31 de decembro de 1995.

III.-Prezo

Non se establece tipo máximo de licitación no presente concurso polo que o prezo do contrato (IVE incluído) pola realización dos traballos obxecto da contratación virá determinado polo ofrecido polo licitador, que resulte adxudicatario.

IV.-Fianzas

A provisional fíxase en 100.000 ptas. e a definitiva no 4% do prezo de adxudicación.

V.-Prego de condicións

O prego de condicións estará exposto ó público para os efectos de posibles reclamacións, durante os oito días hábiles seguintes ó da publicación do presente anuncio no BOP.

VI.-Prazo de presentación de proposicións

As proposicións presentaranse en sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, de 9 a 13 horas, ou por correo na forma legalmente establecida, dentro dos trece días hábiles seguintes ó da publicación do último anuncio do concurso no BOP ou Diario Oficial de Galicia, acompañadas da documentación esixida na cláusula XIII do prego de condicións.

VII.-Apertura de propostas

A apertura das propostas presentadas polos licitadores verificarase ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, na sala de sesións da comisión de goberno ante a mesa constituída polo presidente do I.M.D. e o secretario xeral, que dará fe do acto. A mesa desestimará as proposicións que non reúnan os requisitos enumerados no prego de condicións e pasará o expediente ós servicios técnicos competentes do I.M.D. No suposto de que a apertura de proposicións corresponda celebrala en sábado suspenderase ata odía hábil seguinte.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

VIII.-Modelo de proposta

D..., con domicilio en..., con DNI nº..., expedido en... o día..., en representación de..., informado do anuncio de licitación do concurso convocado para contratación dos servicios para a piscina cuberta de Lavadores, manifesta:

1.-Que coñece o prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para tomar parte no concurso aberto de contratación dos servicios da piscina cuberta de Lavadores.

2.-Declara baixo a súa responsabilidade que, como licitador, ten plena capacidade xurídica e de obrar e dispón de medios materiais, económicos e persoais suficientes para realiza-los servicios, reúne os requisitos específicos esixidos e non se encontra incurso en ningunha das causas de incapacidade nin de incompatibilidade para contratar coa Administración municipal, de acordo co disposto na vixente Lei de contratos das administracións públicas.

3.-Establécese como prezo mensual do contrato polos servicios a que se refire a cláusula VI, número 1, apartado a) o de... ptas./mes, IVE incluído. (O licitador expresará en letra e número a cantiade que corresponda).

4.-Fixa o prezo do persoal técnico-docente dedicado ó ensino deportivo a que se refire a cláusula VI, número 1, letra b) en ptas./hora/monitor. (O licitador indicará a cantidade correspondente, en letra e número)

5.-Acompaña o plan de organización e funcionamento do servicio ofertado e ademais a documentación esixida no prego de condicións.

Lugar, data e sinatura do licitador.

Vigo, 25 de agosto de 1995.

José Manuel Figueroa Vila

Presidente do Consello de Administración