Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 7 de agosto de 1995, o plan parcial do parque empresarial de Palas de Rei, sométese a información pública polo prazo de un mes, mediante anuncio no BOP, DOG, taboleiro de anuncios e diario El Progreso de Lugo, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello, para formula-las alegacións que se consideren oportunas. O prazo de un mes comezará a contarse desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Quedan suspendidas por dous anos as licencias de edificación, parcelación de terreos e demolicións na totalidade do sector que comprende este plan parcial desde a data de publicación deste anuncio; estas extinguiranse coa aprobación definitiva do plan parcial.

Palas de Rei, 8 de agosto de 1995.

Jesús María López Cordeiro

Alcalde

5754