Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/81-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: modificado 1 ó proyecto de: variante L.M.T. subterránea e R.B.T.

Situación: Perillo-Choupana (Oleiros).

Características técnicas:

-L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 86 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x95 mm Al), que parte da L.M.T. Lamastelle-Perillo (Expte. 27575) e remata no C.T. Choupana.

-Rede de baixa tensión do C.T. Choupana de 2.651 m de lonxitude, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-05390