Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/78-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Piñeiro.

Situación: Cambre.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.043 m, en LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Breixo (Expte. 30.904) e remata no C.T. a construír no lugar de Piñeiro, de 100 kVA a 15 kV/B.2 e acoplamento á R.B.T. de 370 m de lonxitude, en conductor R.Z. 150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-5237