Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores (P-179/95, 219/95) (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportaren documentos ou aportaren as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 29 de xuño de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: P-179/95.

Denunciado: José Martínez Ibáñez.

Último enderezo coñecido: Xinzo-Parada, s/n, Ponteareas.

Feito denunciado: pesca furtiva da lamprea, a man e en época de veda, o día 1 de maio de 1995, no río Tea.

Precepto infrinxido: artigos 34.8º e 34.11º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 55.000 e Inh. para obte-la Lic. pesca en 1 ano.

-Expediente: P-219/95.

Denunciado: Antonio Álvarez Martínez.

Último enderezo coñecido: r/ Couto, O Rosal.

Feito denunciado: ter na beira do río unha fisga, non podendo xustificar razoadamente a súa dedicación a mesteres distintos da pesca o día 14 de maio de 1995, no río Tamuxe.

Precepto infrinxido: artigo 34.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 e Inh. para obte-la Lic. pesca en 1 ano.

95-5301