Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4332 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: Toimil-Xove.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico no lugar da Vara, concello de Xove.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, de 187 metros de lonxitude, con conductor LA-56 de 55 mm de sección sobre torres metálicas tipo C segundo RU-6704A. Centro de transformación de 100 kVA, 20.000/380-220 V, instalado sobre torre metálica ó remate da liña de media tensión, no lugar da Vara. Liñas de baixa tensión, en conductores R.Z.-95-50 tensado sobre apoios de formigón ou

grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico no lugar da Vara-Toimil, no concello de Xove.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 7.225.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5495