Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4329 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: subministración enerxía eléctrica o instituto de San Cibrao-Cervo.

Orixe da liña: ó remate da L.M.T. aérea de Espiñeirido.

Final: C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: en caseta construída para tal efecto nos terreos do instituto, en San Cibrao.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 147 metros e con cable DHV 15/25 kV, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 1x400 kVA, 20.000 ± 5%/398-230 V, para dar servicio eléctrico ó instituto de San Cibrao, no concello de Cervo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 14 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5277