Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 21 de xullo de 1995, o estudio de detalle do predio a Agra da Lagoa-Ouces, terreo calificado como zona residencial de edificación extensiva, de acordo co que establece o artigo 117-3 do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, queda exposto o expediente na secretaría municipal, durante o prazo de quince días, nos que pode ser examinado e alegar todo aquilo que se considere pertinente.

Bergondo, 26 de xullo de 1995.

O alcalde

Rubricado

5442