Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

EDICTO do 15 de xullo de 1995 polo que se anuncia a expropiación de terreos para a construcción do pavillón polideportivo municipal e accesos.

O Pleno deste Concello, na sesión celebrada o día 27-4-1995, aprobou o proxecto do pavillón polideportivo municipal e accesos, redactado polo arquitecto José Romero Amich.

O proxecto foi exposto para efectos de reclamacións polo termo de quince días no BOP de Pontevedra nº 96, do 22-5-1995, sen que dentro do mesmo se presentaran reclamacións contra o dito documento.

O proxecto considera a expropiación dos terreos necesarios para a construcción do pavillón, coa seguinte relación de bens e dereitos afectados.

Parcela 1.

Propietario: Fernando Fernández Vernet.

Enderezo: Cruceiro Baíña, Baiona.

Referencia catastral: polígono 16, parcela 82.

Estado: terreo inculto.

Superficie: 2.695,98 m.

Precio: 2.500 ptas./m.

Importe: 6.739.950 ptas.

Parcela 2.

Propietaria: Digna Fraga Alonso.

Enderezo: Mañufe, Gondomar.

Referencia catastral: polígono 16, parcela 84.

Estado: terreo inculto.

Superficie: 2.031,85 m.

Precio: 2.500 ptas./m.

Importe: 5.079.625 ptas.

Parcela 3.

Propietaria: Esperanza Fernández Vernet.

Enderezo: r/ Carabela La Pinta, 13-3º, Baiona.

Referencia catastral: polígono 16, parcela 203.

Estado: terreo inculto.

Superficie: 121,00 m.

Precio: 2.500 ptas./m.

Importe: 302.500 ptas.

Parcela 4.

Propietario: Carlos Fernández Álvarez.

Enderezo: r/ Carabela La Pinta, 13-3º, Baiona.

Referencia catastral: polígono 16, parcela 204.

Estado: terreo inculto.

Superficie: 126,50 m.

Precio: 2.500 ptas./m.

Importe: 316.250 ptas.

Parcela 5.

Propietario: Ernesto Prieto Lage.

Enderezo: r/ Nicaragua, 40-1º Dta., Vigo.

Referencia catastral: polígono 16, parcela 205.

Estado: terreo inculto.

Superficie: 375,00 m.

Precio: 2.500 ptas./m.

Importe: 937.500 ptas.

O Pleno do Concello, na devandita sesión do 27-4-1995, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración da urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, tendo en conta a necesidade de que o municipio de Baiona conte co pavillón polideportivo, xa previsto no Plan Xeral de Ordenación Urbana como unha das máis sobranceiras dotacións en solo urbano.

O expediente exponse ó público polo termo de un mes, para os efectos de que os que puidesen resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que sexa axeitado á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos, como preceptúa o número 2 do artigo 219 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño.

Baiona, 15 de xullo de 1995.

Manuel Ramón Vilar Márquez

Alcalde

5439