Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.728

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de agosto de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola Orde do 22 de xuño de 1995 (DOG nº 127, do 4 de xullo e corrección de erros no DOG nº 138 do 19 de xullo) e pola Orde do 10 de xullo de 1995, (DOG nº 138, do 19 de xullo, e corrección de erros no DOG nº

140, 21 de xullo), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se expresan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario desfruta dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A Xefatura de Persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, efectuarán, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o prevido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Apelidos e nomeNRPGrupoPosto de traballoCódigo do postoNivelDependenciaLocalidade

Fernández Pérez, Fco. José 3490886924A2060 A Subdirector xeral de relacións, planificación e Sist. de información. PE.C02.00.009.15770.001 30 Secretaría xeral Santiago de

Compostela

Álvarez Romero, Enrique3242669024A2060AXefe de servicio técnico xurídico.PE.C02.00.001.15770.01028Secretaría xeralSantiago de

Compostela

Apelidos e nomeNRPGrupoPosto de traballoCódigo do postoNivelDependenciaLocalidade

Cerviño Eiroa, Antonio3597845968A2068ACoordinador científico.PE.C99.40.201.36590.05026Centro de investigacións mariñasCorón-Vilanova
Fernández Cortés, Francisco Nicolás5143980546A2068AXefe de servicio de planificación e sistemas de información.PE.C02.00.009.15770.00828Secretaría xeralSantiago de

Compostela

5274