Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.727

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 22 de agosto de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo pertencentes ó Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 15 de xuño de 1995 (DOG nº 123, do 28 de xuño), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo pertencentes ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co establecido no Decreto 252/1994, do 29 de xullo, e na Orde do 11 de maio de 1995, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo pertencentes ó Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 15 de xuño de 1995 (DOG nº 123, do 28 de xuño).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ás persoas que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto de traballoNome e apelidosDNI

Director Asistencial da Xerencia de Atención Primaria de Ourense.J. Manuel de Toro Santos33.207.395

Director de Xestión e Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol.Ignacio García García 9.350.790

5682