Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Xustiza e Interior, pola que se fan públicas as resolucións dos expedientes sancionadores P-5/1994 e GA-206-1/1993.

Expediente sancionador: P-5/1994.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do

previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCIÓN:

Sanciona-la empresa operadora Recreativos Silma, S.L., solidariamente co seu xerente/apoderado Carlos Fernando Fraiz Domínguez, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter en explotación no Bar Buenos Aires de Vigo (Pontevedra), unha máquina tipo B carecendo da documentación necesaria para tal explotación.

Contra a presente resolución, que é executiva, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, na forma prevista na Lei xurisdiccional do contencioso-administrativo e no artigo 89.3º da Lei 30/1992.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sanción, nº 311.300.6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vías de constrinximento.

Expediente snacionador: GA-206-1/1993.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCIÓN:

Sanciona-la empresa operadora Recreativos Couto, S.L., titular das máquinas instaladas no Salón Flash, solidariamente co seu xerente/apoderado Antonio Álvarez Rodríguez, con multa de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter en explotación dúas máquinas tipo A sen toda a documentación esixida pola lexislación vixente.

Contra a presente resolución, que é executiva, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, na forma prevista na Lei xurisdiccional do contencioso-administrativo e no artigo 89.3º da Lei 30/1992.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da

publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sanción, nº 311.300.4355/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vías de constrinximento.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1995.

Joaquín Macías Sánchez

Director xeral de Xustiza e Interior

5695