Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1995 pola que se anuncia a licitación para a construcción de unha nave-almacén con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Obra: construcción de unha nave-almacén con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no porto de Portonovo.

Orzamento da contrata: 24.984.666 ptas., IVE e outros impostos incluídos.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 2, 4, categorías d, e.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

Fianza definitiva: 999.386 ptas.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto e os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse nos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir da publicación da contratación no Diario Oficial de Galicia ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar nos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (San Caetano, Santiago de Compostela) ás 12 horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a aprtir do último día de presentación de proposicións.

Anuncio: o anuncio da presente licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

95-5149