Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do procedemento sancionador de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres que se cita. (Número 94/0096).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas

e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 de Caixa Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 14 de xullo de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 94/0096.

Denunciado: Durán Seguín, José Ángel.

DNI: 36.059.445.

Último enderezo coñecido: Otero Pedrayo, 17, Nigrán (Pontevedra).

Feitos imputados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo (Ribeira).

Tipificación infracción Lei CEN 4/1989:

-Artigo infrinxido: 38.13º.

-Cualificación infracción: leve.

Sanción: 25.000 ptas.

95-5416