Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres que se citan. (Números 94/0100 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 12 de xullo de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei CEN 4/1989

Procedemento

sancionador

número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

EN 94/0100Diego Alonso, Mariano

09.741.363

Misericordia, 34

24003 León

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo (Ribeira)38.13ºLeve25.000 ptas.
EN 94/0119Martín Sierra García-Fogeda,

Manuel

51.368.802

r/ Santiago de Compostela, 14

28034 Madrid

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo (Ribeira)38.13ºLeve25.000 ptas.
EN 94/0124Caamaño Lorenzo, Valentín M.

33.152.617

r/ José Maldonado, 1-3º A

Oviedo

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo (Ribeira)38.13ºLeve25.000 ptas.

9505299