De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifíca
selle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu regulamento, do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo de un mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.
Pontevedra, 7 de xullo de 1995.
Manuel Abeledo López
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: I-128/94.
Denunciada: Mª Jesús Arias Rodríguez.
Último enderezo coñecido: Iglesia, 8-Arcos. 36860 Ponteareas.
Feito denunciado: abandono vehículo Seat 600, matrícula PM-1139-D.
Precepto infrinxido: artigo 137 E) do Regulamento da Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.
Sanción: 50.000 ptas.
9505227