Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador (E.N. 19/95) (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán de un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren os documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado pro

posta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 29 de xuño de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 19/95.

Denunciado: Roberto Arruti Baqueiro.

Último enderezo coñecido: Re Odebrecht 106/100. San Salvador-Bahía.

Feito denunciado: realizar acampada nun lugar protexido e espacio natural, no lugar praia de Melide, na illa de Ons, o día 9-4-1995.

Precepto infrinxido: artigo 38.3º da Lei 4/1989, en relación coa Orde do 4-7-1994 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Precepto sancionador: artigo 39 da Lei 4/1989.

Sanción: 10.000 ptas.

5533