Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de xullo de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito «Varios» en aval bancario, número V.293/88, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito «Varios» nº V.293/88, de data 5-7-1988, por importe de 3.000.000 de ptas., constituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a Recreativos Irene, S.L. e a disposición da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Xustiza, Administración local e Gobernación) para responder das obrigas derivadas do cumprimento das condicións da concesión e rexistro do permiso de empresa operadora de máquinas recreativas do tipo A e tipo B, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial de Economía e Facenda, r/ Progreso, 38, entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto ante a Administración nin ante terceiros.

Ourense, 24 de xullo de 1995.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

9505508