Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.619

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ACORDO do 8 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros da revisión salarial do convenio colectivo do sector da construcción.

Advertido erro material na publicación da corrección de erros da revisión da táboa de salarios do convenio 1994 para o sector da construcción da provincia de Pontevedra no DOG nº 148, do 3 de agosto de 1995,

esta autoridade laboral, en uso das súas facultades conferidas polo artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acorda dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte corrección de erros da revisión salarial do convenio colectivo anteriormente referenciado, na seguinte forma:

Na páxina 5.094 do DOG nº 123, do 28 de xuño de 1995, no cadro Plus Transporte mes, nas columnas que din 10.171, deben dicir 10.717.

Vigo, 8 de agosto de 1995.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Pontevedra, en funcións

5396