Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO para a contratación urxente por poxa, procedemento aberto, da obra de execución de saneamento, iluminación e auga na travesía de Vea e outras.

Obxecto do contrato.-Ten por obxecto o presente prego a contratación polo sistema de poxa, procedemento aberto, da obra de execución de saneamento, iluminación e auga na travesía de Vea e outras, segundo proxecto redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla.

O indicado proxecto coa súa memoria, prego de condicións técnicas, medicións, orzamentos e planos, considérase parte integrante do presente prego en tanto non sexa modificado expresamente por este.

Tipo de licitación.-O orzamento de adxudicación por contrata fíxase na cantidade de trinta e catro millóns duascentas quince mil setecentas trinta (34.215.730) pesetas, á baixa.

Duración.-A duración do presente contrato fíxaxe en cinco meses, que se contarán a partir do día quince seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva á persoa que resulte adxudicataria. Dentro deste prazo, o adxudicatario deberá realiza-la comprobación do replanteo.

Prazo de garantía.-O prazo de garantía será de un ano, contado desde a acta de recepción. Durante o prazo de garantía o contratista quedará obrigado a reparar tódolos danos que se produzan na obra por defecto nos materiais ou na execución. Dos vicios ocultos responderá o contratista, de danos e prexuízos durante o termo de 15 anos, a partir da recepción.

Fianzas.-A fianza provisional para poder presentar plicas á presente poxa fíxase no 2% do tipo de licitación, e a fianza definitiva no 4%. A fianza poderá constituírse en calquera das formas autorizadas pola lei.

A fianza provisional devolverase unha vez adxudicada a obra definitivamente ós non adxudicatarios.

Sancións.-O incumprimento do prazo sinalado para a execución das obras levará consigo as sancións establecidas no artigo 96 da Lei de contratos do Estado.

Clasificación do contratista.-Os contratistas a quen lles poida interesar optar á adxudicación das obras obxecto do presente proxecto deberán acreditar atoparse clasificados no grupo G, subgrupo 6, categoría D.

Presentación de plicas.-As plicas presentaranse na secretaría xeral deste concello das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais por ser declarado urxente, contados a partir da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. De ser inhábil ou sábado o último día, trasladaríase ó seguinte primeiro día hábil.

As plicas presentaranse en dous sobres pechados, que conterán a seguinte inscrición: «Proposición para tomar parte na poxa de saneamento, iluminación e auga na travesía de Vea e outras», e ademais nun: «Documentación» e noutro: «Oferta económica».

Rematado o prazo de recepción de plicas, a mesa procederá o día seguinte hábil á apertura dos sobres da documentación nun acto público que terá lugar ás 12 horas do dito día, se fose sábado trasladaríase o acto ó primeiro día hábil seguinte.

Levarase a cabo ante a mesa constituída polo alcalde-presidente, ou concelleiro en quen delegue, o interventor de fondos e o secretario xeral da corporación, ou quen legalmente os substitúa. Comezará o acto de apertura dando coñecemento ó público do número de proposicións presentadas e nome dos licitadores, dando ocasión ós interesados para que poidan comprobar que os sobres que conteñen a documentación se atopan nas mesmas condicións en que foron entregados.

A Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres, reseñándose en acta a documentación.

Seguidamente, e sen a asistencia dos licitadores, procederase a cualifica-los documentos presentados.

Os que non teñan a documentación correcta non serán admitidos.

Apertura de plicas.-Oferta económica: terá lugar a continuación da cualificación da documentación.

O presidente notificará o resultado da cualificación dos documentos presentados con expresión das proposicións rexeitadas e a causa da súa inadmisión. Advertirase ós presentes que poderán interpoñer recurso no prazo de cinco días ante o órgano competente para adxudica-la poxa definitivamente.

O presidente dará opción ós licitadores admitidos para que poidan comprobar que os sobres que conteñen as ofertas económicas se atopan na mesa e nas mesmas condicións nas que foron entregados.

Acto seguido procederase á apertura da oferta económica contida nos sobres admitidos e a continuación á adxudicación provisional a aquela que resulte máis favorable a este concello.

En caso de empate, abrirase licitación verbal entre as ofertas iguais se estiveran presentes representantes das empresas con poder suficiente. Noutro caso seguiría a licitación tres días despois entre os empatados. De non comparecer ningún deles, adxudicaríase ó primeiro que presentase a plica, segundo o libro de rexistro correspondente.

Efectuada a adxudicación provisional invitarase a tódolos licitadores asistentes a que expoñan as reclamacións que coiden oportunas contra o acto celebrado, levantándose acta que será asinada pola Mesa de Contratación e os que tiveran feito reclamacións.

No prazo de cinco días desde esta acta, os licitadores reclamantes poderán formalizar por escrito a súa reclamación.

Tódalas propostas económicas serán arquivadas no seu expediente, os documentos poderán ser retirados unha vez rematado o acto licitatorio polos que non obtivesen a adxudicación, salvo os que tivesen presentado reclamacións.

Adxudicación definitiva.-Cumprido o prazo de cinco días da adxudicación provisional, o órgano competente resolverá sobre a validez ou nulidade do acto licitatorio, e, considerado válido o mesmo, adxudicarase a favor da proposición máis vantaxosa de entre as admitidas ou tamén de entre as refugadas, que deberán admitirse de acordo coa convocatoria, procedéndose seguidamente á devolución das garantías provisionais ós licitadores, agás ó adxudicatario.

O órgano competente para a adxudicación poderá aplicar, se o considera oportuno e se deran as condicións legais, a exclusión das plicas que incorresen en baixa temeraria.

Documentación.-Para se admitir á poxa será necesario presenta-la seguinte documentación:

1.-Modelo de proposición.

2.-Documentos xustificativos da personalidade. Se se trata de empresa esixirase poder debidamente declarado bastante a custa do licitador polo secretairo do concello.

3.-Documento xustificativo da clasificación da empresa.

4.-Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, conforme os artigos 15 a 20 da Lei de contratos do Estado.

5.-Xustificante de ter constituída a fianza provisional.

6.-A que acredite atoparse ó día das obrigas tributarias e de Seguridade Social.

As empresas estranxeiras presentarán declaración de someterse ós xulgados e tribunais españois con renuncia ó foro xurisdiccional estranxeiro que lles puidera corresponder.

Toda a documentación será orixinal, non admitíndose fotocopias salvo que estean legalizadas ante notario ou compulsadas polo secretario da corporación.

Gastos.-Os gastos por anuncios, reintegros, etc. serán por conta do adxudicatario.

O contrato será administrativo, salvo que o adxudicatario desexe facelo en escritura pública sendo neste caso os gastos que se orixinen pola súa conta.

Risco e ventura.-O contrato entenderase convido a risco e ventura para o contratista.

Resolución do contrato.-Son causas de resolución do contrato as indicadas no artigo 150 da lei.

Modelo de proposición

D./Dª..., veciño/a de..., con enderezo en..., en nome propio (ou en representación de...), informado/a do anuncio para a execución das obras do proxecto de execución de saneamento, iluminación e auga en travesía de Vea e outras, estando a face-lo depósito correspondente e aceptando as responsabilidades e obrigas que impoñen as condicións sinaladas para o efecto, comprometéndose a executalas pola cantidade de... (en letra) pesetas.

(Data e sinatura do propoñente).

Os pregos de condicións íntegros están na secretaría á disposición dos interesados.

A Estrada, 17 de agosto de 1995.

O alcalde accidental

Rubricado

95-5645