Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1995, da Dirección-Xerencia do Hospital do Meixoeiro en Vigo, pola que se anuncia o concurso público para a explotación por concesión dos servicios de cafetería-restaurante do Hospital do Meixoeiro.

A Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10-1994), convoca o seguinte concurso público nº 6/1995 para a explotación por concesión dos servicios de cafetería-restaurante do Hospital do Meixoeiro.

I.-Obxecto e orzamento: a explotación por concesión dos servicios de cafetería-restaurante.

II.-O prazo de execución do contrato será desde o 1-10-1995 ó 31-12-1995, prorrogable por períodos anuais.

III.-O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas á Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro (teléfono 986-81 11 26).

IV.-Fianza provisional: 250.000 ptas., que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Fianza definitiva: o licitador que resulte adxudicatario deberá presentar unha fianza definitiva de 500.000 ptas.

V.-Presentación e apertura de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados, no rexistro xeral do Hospital do Meixoeiro, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro en Vigo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado

a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou fesetivo, a apertura das proposicións terá lugaro día hábil seguinte.

VI.-Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

VII.-Anuncios: serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 9 de agosto de 1995.

Vicente García Fernández

Director de Xestión e Servicios Xerais

5643