Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1995, da Dirección-Xerencia do Hospital Nicolás Peña en Vigo, pola que anuncia a licitación, polo sistema de concurso público por procedemento aberto, para a subministración de un ecógrafo abdominal.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994, convoca o seguinte concurso público nº 1/1995, polo procedemento aberto, para a subministración de un ecógrafo abdominal.

Orzamento: tres millóns setecentas corenta mil pesetas (3.740.000 ptas.), IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público aberto.

Prazo de execución: o ben obxecto do presente concurso entregarase no prazo de un mes contado a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos interesados na administración do Hospital Nicolás Peña, sita na rúa Avda. Camelias nº 109, Vigo, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas.

Fianza provisional: os concursantes deberán acreditar na forma que establece o prego de cláusulas unha fianza provisional de 74.800 ptas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, antes das 14 horas do vixésimo sexto día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que cómpre achegar: serán os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 21 de xullo de 1995.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo

9505568