Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación galega de xestión de explotacións agrarias Río Mandeo.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación galega de xestión de explotacións agrarias Río Mandeo que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer a esta asociación todas aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación ou que traballen como axuda familiar en explotación agraria.

Asinan a acta de constitución: Jesús Luis Mariño López e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9505567