Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 23 de agosto de 1995 Páx. 6.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1995 pola que se anuncia concurso con intervención de xurado de acordo co disposto no artigo 216 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, para a adxudicación da redacción do proxecto de obra para o centro de documentación e teledocumentación científico-tecnolóxico e biblioteca central da Universidade de Vigo (expediente número 303/1995).

Este rectorado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso con intervención de xurado para a adxudicación do traballo que a continuación se indica:

Obxecto: redacción do proxecto de obra para o centro de documentación e teledocumentación científico-tecnolóxico e biblioteca central da Universidade de Vigo.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán examinar e recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª andar, CP 36201 Vigo (Pontevedra), logo da xustificación do pagamento de 5.000 ptas. en concepto de gastos na conta número 2080.0000 74.0040225994 da Caixavigo, oficina principal. Na xustificación farase consta-lo concepto de aboamento.

Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

Criterios de elección:

-Calidade da obra arquitectónica.

-Valor conceptual arquitectónico das propostas.

-Grao de innovación e aportación á cultura arquitectónica.

-Valores de integración da obra no medio.

-Valor arquitectónico en canto á resposta ós requirimentos programáticos.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa, CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres e de 9 a 13 horas os sábados, dirixidas ó presidente da Mesa de Contratación.

Prazo de presentación: o prazo praa a recepción das ofertas, comenzará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o 14 de setembro de 1995.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario do proxecto.

Vigo, 31 de xullo de 1995.

(Resolución 13-3-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

5639