Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 23 de agosto de 1995 Páx. 6.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Sta. Mª Madre-Cabaleiro Goás de Ourense, pola que se anuncia a contratación das subministracións que se citan, polo procedemento aberto mediante concurso (tramitación urxente) (107/1995 e seis máis).

-Concurso público 107/1995: aparello ecógrafo.

Orzamento: 12.000.000 de ptas.

-Concurso público 108/1995: material Servicio de Urxencias

Orzamento: 10.000.000 de ptas.

-Concurso público 109/1995: mobiliario xeral Unidade de Agudos Psiquiátricos.

Orzamento: 4.000.000 de ptas.

-Concurso público 110/1995: mobiliario clínico Unidade de Agudos Psiquiátricos.

Orzamento: 6.000.000 de ptas.

-Concurso público 111/1995: equipamento sanitario Unidade de Agudos Psiquiátricos.

Orzamento: 4.000.000 de ptas.

-Concurso público 121/1995: material informático.

Orzamento: 8.000.000 de ptas.

-Concurso público 122/1995: cableado óptico.

Orzamento: 7.000.000 de ptas.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Exposición de pregos:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección de Xestión e Servicios Xerais (Servicio de Subministracións-Compras) do Hospital Sta. Mª Madre.

-Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou por correo, dirixidos ó Servicio Galego de Saúde e, ademais, nos lugares ós que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura das proposicións:

Será realizada a partir das 10 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión das proposicións.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

-Anuncios.

Os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 11 de agosto de 1991.

Miguel A. Santalices Vieira

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Sta. Mª Madre-Cabaleiro Goás de Ourense

9505457