Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 23 de agosto de 1995 Páx. 6.566

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 176/1995, do 16 de xuño, polo que se sanciona o Regulamento de organización e funcionamento interno do Consello Social da Universidade da Coruña e se acorda a súa publicación.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 125, do 30 de xuño, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 5.174, artigo 14 e), onde di: «Susbitución por reiterado e grave incumprimento das obrigacións propias do cargo», debe dicir: «Substitución por reiterado e grave incumprimento das obrigas propias do cargo».

-Na páxina 5.175, artigo 29, onde di: «Serán secretas cando así o decida o presidente, para iniciativa propia ou a petición dalgún dos conselleiros...», debe dicir: «Serán secretas cando así o decida o presidente, a iniciativa propia ou a petición dalgún dos conselleiros...».

95-5577