Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 244/1995, do 28 de xullo, polo que se transfire pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a titularidade da estrada de acceso a Pocomaco, enlace coa N-550, p.k. 0,000-1,477 ó Concello da Coruña.

O Pleno do Concello da Coruña, en data do 20 de marzo de 1995, acorda solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a transferencia das competencias da estrada de acceso a Pocomaco, titularidade daquela.

Conforme o artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, logo de acordo das administracións afectadas, e de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Transfírese a titularidade do vial de acceso a Pocomaco incluído na rede dependiente da CCAA, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, p.k. 0,000-1,477 de enlace do citado polígono coa N-550; a dita transferencia faise a título gratuíto.

Artigo segundo.-A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda formalizará a entrega

da estrada mediante a sinatura da correspondente acta en documento público.

Artigo terceiro.-A estrada incorpórase á relación de estradas de titularidade municipal como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. A aprobación da dita relación farase conforme o plan de estradas.

Artigo cuarto.-Corresponden ó concello, a partir da formalización da entrega tódalas actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da estrada; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidera corresponderlle como nova Administración titular da estrada, sen prexuízo dos acordos que poida alcanzar a entidade cesionaria coa Xunta de Galicia para desempeñar estas funcións.

Disposición derradeira

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda levará a cabo os trámites necesarios para logra-la efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5269