Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación mediante tramitación urxente das subministracións que se citan. (Expedientes numeros 26/95 e 30/95).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para as adxudicacións das subministracións que a continuación se indican:

Obxecto: «Equipo de análise por difracción de raios X» (expte. 26/95). «Equipo de ecofisioloxía en plantas» (expte. 30/95).

Orzamento de licitación: 14.000.000 de ptas., IVE incluído (expte. 26/95). 5.000.000 de ptas., IVE incluído (expte. 30/95).

Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de entrega: seis semanas (expte. 26/95) e un mes (expte. 30/95), segundo o indicado nos pregos de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2ª planta, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1, planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 a 14 horas, de luns a venres, e de 9 a 13 horas os sábados.

Prazo de presentación: o prazo límite para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o décimo terceiro día natural.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nos pregos de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do Rectorado, rúa Oporto, 1, Vigo (Pontevedra), ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data límite de presentación de propostas (no caso de coincidir en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores:

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto nos pregos de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Tratándose de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos a subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, incorporando os correspondentes certificados dos mesmos.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens a subministrar fíxase en un ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Vigo, 7 de agosto de 1995.

Augusto Viso Alonso

Xefe do Servicio de Xestión Económica

e Contratación

5583