Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995 pola que se anuncia a licitación do concurso público aberto para a contratación do proxecto técnico e construcción dun aparcamento subterráneo no recinto do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela.

En execución do acordo adoptado pola Mesa do Parlamento do día 11 de xullo de 1995 e de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta presidencia presta a súa aprobación ó seguinte anuncio.

1. Publicación.

Os pregos das cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicáronse no Diario Oficial de Galicia nº 146, do 1 de agosto, e atópanse á disposición dos interesados no rexistro xeral do Parlamento, xunto cos informes técnicos do Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente e do Concello de Santiago de Compostela.

2. Órgano contratante.

O contrato adxudicarao a Mesa do Parlamento de Galicia, con sede no pazo do Parlamento, na cidade de Santiago de Compostela.

3. Procedemento.

O procedemento de adxudicación seleccionado é de concurso público por procedemento aberto.

4. Obxecto do contrato.

É a redacción do proxecto técnico e a construcción dun aparcamento subterráneo no recinto do Parlamento de Galicia coas especificacións contidas no prego de condicións técnicas particulares que se achegan ó prego de cláusulas administrativas particulares e

nos informes técnicos incorporados ó expediente administrativo.

5. Orzamento de contrata.

O orzamento do concurso sinálase na cantidade máxima de 350.000.000 (trescentos cincuenta millóns) de pesetas, IVE engadido, para o que existe consignación na correspondente partida orzamentaria do ano 1995.

Cada licitador fixarao, dentro dese límite, na súa oferta económica co contido previsto na cláusula administrativa segunda.

6. Prazo de execución.

O prazo de execución das obras, coas determinacións establecidas nas cláusulas segunda e terceira do prego de condicións técnicas, farase constar de xeito explícito no proxecto técnico que se pretende e no programa de traballo.

7. Licitadores.

Poderán presenta-lo correspondente proxecto técnico e maila súa oferta económica as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non se atopen comprendidas nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

A empresa deberá posuí-la seguinte clasificación:

-Categoría E.

-Grupo C, subgrupos 1, 2, 4, 5, 6, 7 e 9.

-Grupo K, subgrupos 1, 2 e 6.

8. Presentación de proposicións.

As ofertas presentaranse axeitadas ó disposto na cláusula administrativa oitava e formularanse en tres sobres pechados asinados polo empresario ou a persoa que o represente. En cada un deles indicarase o seu contido coas seguintes especificacións:

-Sobre número 1: título referencias técnicas.

-Sobre número 2: documentación de capacidade para contratar.

-Sobre número 3: proposición económica.

9. Prazo de presentación.

Deberán presentarse no prazo de 40 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral do Parlamento de Galicia, sito no pazo do Parlamento, rúa do Hórreo, nº 63, Santiago de Compostela, en horario ó público de 9.30 a 14 horas e de 16 a 18.30 horas, de luns a venres, e sábados de 10 a 13 horas.

10. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre número 3, proposición económica, farase de xeito público no día e na hora que se sinalen no anuncio que se colocará no taboleiro de edictos do Parlamento de Galicia.

11. Criterios de adxudicación.

Os criterios determinantes da adxudicación figuran publicados na cláusula administrativa décima. Unha vez remitido o informe previsto na base 9.3, a Mesa do Parlamento procederá a adxudica-lo concurso e comunicárlle-la súa decisión ás empresas participantes nel.

12. Garantías.

A garantía provisional fíxase na cantidade de 7.000.000 (sete millóns) de pesetas e poderase constituír nalgunha das modalidades establecidas na cláusula administrativa 7.1, quedando dispensadas da dita obriga aquelas empresas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación nos termos previstos no Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

A garantía definitiva será o 4% do orzamento de adxudicación e constituirase nalgunha das modalidades previstas na cláusula sétima.

13. Información.

Calquera información que se solicite poderá facerse a través de:

-Telefax: (981) 57 10 41.

-Teléfono: (981) 56 16 00 (Ext. 253).

Tamén se poderá consulta-lo Diario Oficial de Galicia nº 146, do día 1 de agosto de 1995.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

5575