Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Oroso (A Cañiza-Pontevedra).

O xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra pon en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Oroso (A Cañiza-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 16/1992, do 29 de xaneiro (DOG do 4-2-1992) que a xunta local da zona, na súa reunión do 14 de xuño de 1995, aprobou as bases definitivas de concentración da devandita zona, que estarán expostas ó público no local do Concello da Cañiza, na cámara agraria local e na parroquia durante un prazo de trinta días a partir do seguinte á inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36). Os documentos que se poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e excluídas e relación destas), e a

clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases poden os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro dos trinta días sinalados, na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra (r/ Benito Corbal, 47-7º), nas oficinas centrais da consellería (edificio de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do concello para facérlle-las notificacións que procedan e, se é

o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérlle-las notificacións.

Pontevedra, 15 de xuño de 1995.

José Félix Hernáez Ruiz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

4804