Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se fai pública, para xeral coñecemento, a relacion de parcelas excluídas do proceso de concentración parcelaria da zona de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra).

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.1º, 5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, fanse públicas, para xeral coñecemento, as parcelas excluídas do proceso de concentración parcelaria da zona de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), relacionadas no anexo da presente resolución, facéndose constar que contra a dita exclusión cabe interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes contado desde o día da publicación da presente resolución.

-Dar carácter de reservada á parcela aportada polo Círculo Mercantil e Industrial.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1995.

Ángel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

5083