Vista a proposta de modificación realizada polo Servicio de Medio Ambiente Natural da Coruña, por mor das condicións de estiaxe do río, da necesidade de estabular exemplares de reo no Centro Ictioxénico, do forte descenso de capturas e da solicitude de numerosos pescadores, visto o informe do Comité Executivo Permanente de Pesca da Coruña, e de acordo co disposto no artigo 5 da Orde do 24 de febreiro de 1995,
da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 1995, esta Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, resolve adianta-lo peche da tempada no río Sor, do 30 de setembro ó 15 de agosto.
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1995.
Carlos del Álamo Jiménez
Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural
4867