Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 16 de agosto de 1995 Páx. 6.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de acondicionamento do centro de saúde para instalación dun P.A.C. (Punto de Atención Continuada) - Cambados (Pontevedra).

Obra: acondicionamento do centro de saúde para instalación dun P.A.C. (Punto de Atención Continuada) - Cambados (Pontevedra).

Orzamento de contrata: 7.862.500 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 314.500 ptas.

Forma de tramitación: urxente.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1995.

O Presidente do Servicio Galego de Saúde

P.D. (Orde comunicada 31-7-1995)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais