Obra: reforma do centro de saúde da Pastoriza (lugo).
Orzamento de contrata: 6.874.408 ptas.
Prazo de execución: 2 meses.
Clasificación do contratista: non se esixe.
Fianza definitiva: 274.976 ptas.
Forma de tramitación: urxente.
Variantes ó proxecto: non se admiten.
Exposición de proxectos:
Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.
Prazo de presentación de proposicións:
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deben presenta-los licitadores:
-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.
-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.
-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.
Apertura de proposicións:
Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.
Anuncios:
Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1995.
O Presidente do Servicio Galego de Saúde
P.D. (Orde comunicada 31-7-1995)
Alberto Núñez Feijoo
Secretario xeral da Consellería de Sanidade
e Servicios Sociais
95-05560