Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 16 de agosto de 1995 Páx. 6.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente número 296 que afecta ó monte San Bartolomeu, Regueiro e Fornos, das parroquias de Queixeiro e San Fiz, concello de Monfero, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 23 de maio de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Reunido na data do 23 de maio de 1995 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, con asistencia do vicepresidente José Luis Núñez Vide, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F.; Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta de Galicia; Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña; José Manuel Caramés Franco, representante das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común, e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo:

Expediente nº 296.

Monte: San Bartolomeu, Regueiro e Fornos.

Comunidade: parroquias de Queixeiro e San Fiz.

Concello: Monfero.

1º Resultando que diversos veciños das parroquias de Queixeiro e San Fiz, municipio de Monfero, solicitaron con data do 9-6-1992 deste xurado, a decla

ración como veciñal dos expresados lugares, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 188,83 ha.

Lindeiros:

Parcela I. Superficie 186 ha, 39 a e 24 ca.

Polo norte e oeste, e relacionados de norte a sur: leito do río Eume, fragas do Eume, terreos de Celso López, Hdos. de Couce, Gumersindo Couce, camiño público que conduce desde San Bartolomeu ós Mosqueiros, Manuela Antón, Gumersindo Couce, Celso Lez, Hdos. de Manuel Permuy, Jesús Piñeiro, Manuel Blanco, Gumersindo Antón, Jesús Piñeiro, Arturo Otero, Gumersindo Antón, Jesús Piñeiro, Gumersindo Antón, Manuel Díaz, Gumersindo Regueiro, Manuel Díaz, Arsenio Díaz, Fermín Faraldo, Manuel Blanco, camiño de servicio, Arturo Otero Regueiro, Manuel Varela, Fermín Faraldo e Jacobo García.

Polo sur, e relacionados de oeste a leste: Jacobo García, Manuela Romero Blanco, Gumersindo Rodríguez Romero, Hdos. de Benigno Morado e Hdos. de Manuel Morado.

Polo leste, e relacionados de norte a sur: leito do río Eume, presa e embalse do dito río, Fermín Faraldo, Celso López, Daniel Rodríguez, Celso López, descoñecido, José Moreira, Miguel García, José Blanco Prieto, Hdos. de José Espiñeira, Celso López, Hdos. de Manuel Romero, Hdos. de Juan Varela, Hdos. de Antonio Rodríguez, Gumersindo Rodríguez, Hdos. de Manuel Varela e montes dos vecinos de Sanguiñedo.

Comprendido dentro dos límites mencionados existen cinco propiedades: de Antonia Prieto, de Jacobo García de Gumersindo Antón, de Celso López e de Hdos. de Fermín Faraldo.

Parcela II. De superficie 2 ha, 43 a e 31 ca.

Monte en tres porcións, no sitio que chaman Do Leirón.

Linda norte: Hdos. de José Seijo e Hdos. de Leonor Díaz; sur: Hdos. de Manuel Primoy, Antonio Faraldo, Hdos. de Antonio Caruncho e pista que sobe desde la Central do Eume a San Bartolomeu, e unha porción de monte propiedade dos Hdos. de José Seijo; leste: Hdos.de José Seijo, os de Manuel Primoy, Antonio Faraldo e Hdos. de Antonio Caruncho; e oeste: antigo camiño coñecido por camiño do Leirón e unha porción de monte dos Hdos. de José Seijo.

2º Resultando que á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión do 16-9-1992, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor do mesmo a Vicente Aldea Meléndez, quen aceptou expresamente o dito cargo. Debido á súa xubilación, este substitúese por Federico Sánchez Rodríguez, quen tamén aceptou o cargo. Procedeuse á prosecución do expediente, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Pontedeume,

oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde presidente do Concello de Monfero, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº 115, do 18-6-1993), taboleiro de anuncios do concello e lugares de costume.

3º Resultando que tras un recoñecemento sobre o terreo, pola súa configuración física como predios abertos, poden apreciarse indicios de que puideran ter unha orixe comunal como reclama a xunta promotora, se ben non poden observarse vestixios de aproveitamentos remotos practicados polas comunidades veciñais.

4º Resultando que os veciños de Queixeiro e San Fiz fundamentan a súa petición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento dos seus productos, toxos, leñas, madeiras, etc., xustificando a alegación da condición de monte comunal con diferente documentación.

5º Resultando que por requirimento deste xurado, no informe emitido polo alcalde de Monfero, do 17-6-1992, que figura no expediente, déixase constancia de que: «... de tempo inmemorial as indicadas parroquias viñan realizando aproveitamentos de carácter veciñal nos mesmos, tales como leñas, esquilmos, pastos, etc.»

6º Resultando que durante a tramitación se constatou a existencia de titulares rexistrais dos predios dos cales a situación coincide na súa totalidade coas parcelas solicitadas polas comunidades veciñais arriba citadas, tralo cal se lles deu parte no expediente como titulares de dereitos e intereses lexítimos. Tal é o caso de Celso López Martínez e outros, Amancio Rodríguez Fernández e José Trigo García, no seu propio nome e na representación da comunidade de herdeiros de Manuel Trigo García, á quen pertence en unión dos seus irmáns Clotilde, Jesús, María, Basilia, Eliseo, Antonio e Generoso Trigo García.

7º Resultando que na tramitación das presentes actuacións cumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ámbos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Celebrada sesión no día de hoxe, á que se citaron en legal forma tódolos interesados no expediente, e comparecendo e oíndose as representacións dos promotores do expediente, así como José Trigo García e Amancio Rodríguez Fernández, non facéndoo Celso López Martínez.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

1º Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2º Considerando que de conformidade co contido no artigo 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños das parroquias de Queixeiro e San Fiz, concello de Monfero, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º Considerando a existencia dos titulares rexistrais citados no resultado 6º como partes interesadas no expediente, e a adquisición da propiedade, nalgúns casos mediante poxa pública celebrada por falta de pagamento de cotas e taxas oficiais e a conseguinte partición do monte polos adxudicatarios dos predios.

4º Considerando que o letrado da xunta promotora puxo de manifesto o interese social da actual Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, para a cal o posuidor real prevalecería sobre o titular rexistral que non tivera a posesión efectiva, ademais doutras razóns de orde veciñal como os aproveitamentos.

5º Considerando que o xurado, á vista dos escritos motivados dos dereitos de ámbalas partes, coida que os dereitos que se alegan nos aproveitamentos que puideran ter sobre o monte os aspirantes a comuñeiros implica que, o neste formulado, é cuestión relativa ó dominio de tales montes da competencia dos tribunais da xurisdicción ordinaria, a substanciar polos trámites do xuízo declarado ordinario que corresponda.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data,

ACORDA:

Que non hay lugar a pronunciarse sobre a cualificación como veciñal en man común do monte San Bartolomeu, Regueiro e Fornos, afectado polo presente expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación

da presente resolución, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 23 de maio de 1995.

Visto e Prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario

4805