Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 16 de agosto de 1995 Páx. 6.448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Auto Galicia, S.L.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Auto Galicia, S.L., situada na provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-6-1995, subscrito en representación da parte económica por unha repre

sentación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal, o día 11-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 7 do texto do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la publicación da táboa salarial no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), así como a acta da comisión deliberadora.

Vigo, doce de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

TÁBOA DE SALARIOS

(VIXENCIA DO 1-4-1995 Ó 31-3-1996)

Persoal administrativo:

Oficial de 1ª: 83.590 ptas./mes.

Oficial de 2ª: 76.621 ptas./mes.

Auxiliar administrativo: 71.301 ptas./mes.

Aprendices: salario Mín. s/idade.

Cobrador de facturas: 71.645 ptas./mes.

Persoal de transportes:

Encargado de almacén: 92.193 ptas./mes.

Conductor-mecánico: 2.950 ptas./día.

Conductor: 2.848 ptas./día.

Conductor de motocicletas e furgonetas: 2.752 ptas./día.

Mozo especializado: 2.666 ptas./día.

Mozo de carga, descarga e reparto: 2.579 ptas./día.

Persoal de departamento comercial:

Visitador: 2.835 ptas./día.

95-4618