Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación de equipos informáticos, para a biblioteca universitaria da Universidade de Santiago de Compostela.

1. Nome: Universidade de Santiago de Compostela. Dirección: Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela (A Coruña, España), fax (981) 57 13 10.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

3. Lugar da entrega da subministración: campus universitario de Santiago de Compostela.

4. Obxecto do contrato: equipos informáticos para a biblioteca universitaria da Universidade de Santiago de Compostela (expediente 045/1995).

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes nos que se divide o obxecto do contrato.

5. Prazo máximo de entrega: é o recollido no prego de prescricións técnicas.

6. Os documentos para o concurso poden solicitarse na Sección de Xestión e Contratación da Universidade de Santiago de Compostela, Rúa Nova, 6, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña, España).

Data límite para solicita-los documentos: 31 de agosto de 1995.

7. A data límite para a recepción das ofertas, 4 de setembro de 1995.

Dirección á que deben remitirse os documentos: Universidade de Santiago de Compostela, rexistro xeral, Pazo de San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña, España)

ou Polígono de Fingoi, s/n, (Facultade de Veterinaria) 27002 Lugo (España).

As ofertas deben redactarse en español ou galego.

8. As ofertas abriranse en sesión pública.

A apertura de ofertas terá lugar ás 13 horas, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela, (A Coruña, España), o día 7 de setembro de 1995.

9. Importe de licitación da totalidade dos lotes: trinta e tres millóns de pesetas (33.000.000 de ptas.) IVE e demais gastos incluídos.

10. Garantías.

-Garantía provisoria: 2% do importe de licitación correspondente ó lote/s a que se concorra.

-Garantía definitiva: 4% do importe de licitación correspondente ó lote/s dos que resulte adxudicatario.

11. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento: as previstas na lexislación de contratos das administracións públicas, e no Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela e no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. As agrupacións deberán reuni-los requisitos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE do 19 de maio de 1995).

13. A capacidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe das institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnizacións por riscos profesionais.

-Se se trata de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación destes sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se encontran establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos servicios.

Se por razóns que se deben xustificar, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Universidade de Santiago de Compostela.

No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades, poderase ter en conta as sociedades pertencentes ó grupo, para os efectos de acreditación da solvencia económica, financeira, e técnica ou profesional, ou da correspondente clasificación, se é o caso, da persoa xurídica dominante, sempre cando esta acredite que ten efectivamente á súa disposición os medios das ditas sociedades necesarios para a execución dos contratos.

15. A solvencia técnica acreditarase por:

-Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu

importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estas.

-Descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador, para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

-Indicación dos técnicos ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente daqueles encargados do control de calidade.

-Mostras, descricións e fotografías dos productos para subministrar.

-Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados, encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados coa referencia e certas especificacións ou normas.

-Control efectuado pola Administración ou, no seu nome, por un organismo oficial competente do Estado no cal o empresario está establecido, sempre que medie acordo do dito organismo, cando os productos para subministrar sexan complexos ou a título excepcional deban responder a un fin particular, este control versará sobre as capacidades de producción e, se fose necesario, de estudio e investigación do empresario, así como sobre as medidas empregadas por este último para controla-la calidade.

16. Para a adxudicación do contrato seguiranse os criterios previstos nos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares.

17. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 14 de xullo de 1995.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1995.

P.D. (14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

4536