Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que anuncia o sometemento ó trámite de información pública, por solicitude da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., da relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación que se cita. (Expediente número 3905 A.T., expropiación número 150).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións

eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, a solicitude de declaración da necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os bens e dereitos que se afectan, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. A seguir transcríbese a relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable para a execución da instalación seguinte:

-Liña M.T. ó centro de transformación (reelectrificación de Ermida-Foz), autorizada e declarada de utilidade pública, por resolución da delegación provincial de Industria do 4 de novembro de 1994.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, e os interesados, no mesmo prazo, contado a partir do día seguinte ó da notificación individual que se lles efectuará, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixiren posibles erros na relación indicada, así como formularen as

alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal quedarán expostos os expedientes, cos planos de situación e os parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán reclamar por medio desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 8 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña: M.T. ó C.T.I. de Ermida.

Concello: Foz.

Predio NºLugarParroquiaCultivoPropietariosDomicilioAfección (superficie m)

01Laguna.ErmidaS. MartínEucaliptusConcepción de Lozar HerreroTrav. Virgen de Monserrat, 12, bajo-A.28830, S. Fernando de Henares (Madrid)196 de voo e 1,96 do apoio nº1

02Laguna.ErmidaS. MartínEucaliptusLorenzo Martínez González27776 Bacoy, s/n, Alfoz980 de voo

03Laguna.ErmidaS. MartínEucaliptusJesús Ramón Álvarez Carror/ Mauricio Farto Parra, 7-5º F, 15002 A Coruña1.022 de voo

04Granda.ErmidaS. MartínEucaliptusErnesto Basanta Ricor/ Méndez Núñez, 22, 27740 Mondoñedo2.436 de voo e 1,72 dos apoios nº 2 e 3

05Granda.ErmidaS. MartínEucaliptusLuis Otero Franco y otrosCenteas, 20/27749, Oiran-Mondoñedo756 de voo e 0,72 do apoio nº 3

07Cerralla.ErmidaS. MartínEucaliptusJulio Moreda Díazr/ Castelar, 29, 39004 Santander504 de voo

08Cerralla.ErmidaS. MartínPradería regaManuel Vidarte Díazr/ Camiño de Perico, 7, 27780 Foz476 de voo

09Cerralla.ErmidaS. MartínCampoRamón Álvarez Balseiror/ Mauricio Farto Parra, 7-5º F, 15002 A Coruña20 de voo

10Folladelos.ErmidaS. MartínPraderíaManuel Vidarte DíazCamiño de Perico, 7, 27780 Foz448 de voo

11Folladelos.ErmidaS. MartínPraderíaRamón Álvarez Balseiror/ Mauricio Farto Parra, 7-5º F, 15002 A Coruña392 de voo

14Folladelos.ErmidaS. MartínPraderíaRamón Álvarez Balseiror/ Mauricio Farto Parra, 7-5º F, 15002 A Coruña140 de voo

17Sopacio.ErmidaS. MartínPraderíaRamón Álvarez Balseiror/ Mauricio Farto Parra, 7-5º F, 15002 A Coruña700 de voo

21Outeiras.ErmidaS. MartínPraderíaManuel Vidarte DíazCamiño de Perico, 7, 27780 Foz1.064 de voo

95-5225