Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4029 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar C.T. de distribución tipo edificio en residencia da 3ª idade de Quiroga, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión subterránea, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., cunha lonxitude de 450 metros. Centro de transformación de 400 kVA, con dúas celas de liña e unha cela de protección de transformadores, 20 kV, para dar servicio eléctrico á residencia da 3ª idade de Quiroga.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 13 de xuño 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9504877