Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

APROBACIÓN inicial do Plan Parcial do Solo Urbanizable Programado número 4 Granxa Os Rosales do PXOU de Tui, polo Pleno da Corporación, en sesión do 25 de maio de 1995.

Aprobado inicialmente o Plan Parcial do Solo Urbanizable Programado número 4 do PXOU de Tui, polo Pleno da Corporación en sesión do 25 de maio de 1995, sométese a información pública por prazo de un mes a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia para que poidan formularse alegacións, de acordo co establecido no artigo 116 do texto refundido da Lei de réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, 128 e 138 do Regulamento de planeamento,

quedando o expediente de manifesto en secretaría, en horario de oficina de días hábiles, sendo de aplicación o establecido nos artigos 102 do texto refundido da Lei do solo e 120 do Regulamento de planeamento.

Tui, 15 de xuño de 1995.

Miguel A. Capón Rey

Alcalde

95-4437