Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 27 de xullo de 1995 polo que se anuncia a exposición ó público dos traballos de avance das normas subsidiarias de planeamento e a suspensión de licencias urbanísticas.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día vinteseis dos correntes, acordou expoñer ó público os traballos de formación das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Begonte, unha vez adquirido o suficiente grao de desenvolvemento como para permitiren o anuncio de criterios, obxectivos e solucións xerais de planificamento, co obxecto de que, no prazo de un mes, a contar desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia se poidan examina-los ditos traballos por corporacións, asociacións ou particulares interesados, e presenta-las suxerencias ou alternativas que coiden oportunas, co obxecto de confirmar ou rectificar aqueles criterios ou solucións xerais de planeamento.

Os traballos referenciados, que constitúen un avance das normas subsidiarias de planeamento poderán ser examinados durante o dito prazo nas dependencias municipais.

Quedan suspendidas por dous anos as licencias de edificacións, demolición e reparcelación en todo o termo municipal de Begonte, por supoñe-las novas determinacións modificacións do réxime urbanístico vixente en todo o ámbito municipal.

A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

Begonte, 27 de xullo de 1995.

José Pena Rábade

Alcalde

95-4902