Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, como órgano substantivo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental relativo ó proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Cabernouro número 2.456, fracción 2ª, en terreos do termo municipal de Ponteareas.

De conformidade co artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, estará exposto ó público nas oficinas da Delegación de Industria e Comercio en Pontevedra, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, durante horas de oficina e por un período de trinta días hábiles a partir do seguinte ó da data desta publicación, o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental como concesión derivada do permiso de investigación Cabernouro nº 2.456, fracción 2ª desta provincia, solicitada por Ramilo, S.A., sobre unha extensión de 2 cuadrículas mineiras sitas no termo municipal de Ponteareas, sendo as súas coordenadas xeográficas orixe Greenwich as seguintes:

LonxitudeLatitude

Vértice 1

Vértice 2

Vértice 3

Vértice 48º 34' 20''

8º 33' 40''

8º 33' 40''

8º 34' 20''42º 10' 00''

42º 10' 00''

42º 09' 40''

42º 09' 40''

Visto o expediente, quen se considere interesado poderá formula-las alegacións que coide oportunas no prazo indicado anteriormente; transcorrido este non se admitirán alegacións.

Pontevedra, 6 de xuño de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9504790