Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.364

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995 pola que se nomea catedrático de universidad da área de coñecemento de xornalismo, do departamento «en constitución», a Manuel Fernández Areal.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 2 de marzo de 1995 (BOE do 24-3), para a provisión de unha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de xornalismo, do departamento «en constitución» da Universidade de Vigo, a prol de Manuel Fernández Areal, DNI nº 33.016.059, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Fernández Areal catedrático de universidade da área de coñecemento de xornalismo, do departamento «en constitución» da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 17 de xullo de 1995.

P.D. (Resolución 10-7-95)

O Vicerector de Investigación

95-4729