Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.360

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 60/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.,

con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar un desvío de instalacións eléctricas por reforma estrada N-541, na variante Mourente-Marín II, desde o apoio 2 ó 5, na variante L.M.T. a C.T. Carabelos, da L.M.T. Mourente-Almofrei desde o apoio 0 ata o C.T. Carabelos, e desde o apoio 13 ó 23 da L.M.T. Mourente-Marín I, concellos de Cotobade e Pontevedra, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación dun desvío de instalacións eléctricas no límite provincia de Pontevedra-Ourense e cambio de situación de 2 CC.TT., concellos de Pontevedra e Cotobade.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 14 de xuño de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-4883