Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de reforma do edificio da Dirección Provincial do Sergas, A Coruña.

Obra: reforma do edificio da Dirección Provincial do Sergas, A Coruña.

Orzamento de contrata: 309.211.490 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

Fianza definitiva: 12.368.460 ptas.

Forma de tramitación: urxente.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos.

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre de documentación económica: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións.

Realizaraa a Mesa de Contratación nas dependencinas da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1995.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral de Recursos Económicos

95-05501