Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro en Vigo, pola que se anuncia o concurso público, por vía de urxencia, para a contratación do pintado e tratado das fachadas do Hospital do Meixoeiro.

A Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orden da consellería

de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10), convoca o seguinte concurso público nº 5/1995 para a contratación por vía de urxencia do pintado e tratado das fachadas do Hospital do Meixoeiro.

Obxeto e orzamento: a contratación por vía de urxencia do pintado e tratado das fachadas do Hospital do Meixoeiro por un orzamento de 18.000.000 de ptas. (dezaoito millóns de pesetas) (IVE incluído).

Prazo de execución: será de dous meses contados a partir da data de notificación da adxudicación.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro en Vigo, teléfono (986) 81 11 26.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación (360.000 ptas.) que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Fianza definitiva: os licitadores que resulten adxudicatarios deberán presentar unha fianza do 4% do orzamento de adxudicación.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados, no rexistro xeral do Hospital do Meixoeiro en Vigo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

A apertura das proposicións admitidas realizáraa a Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro en Vigo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 14 de xullo de 1995.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Hospital do Meixoeiro en Vigo

95-05499