Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte Outeiro de Chorente, a favor dos veciños da parroquia de Santiago de Folgoso, concello de Allariz (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na sesión celebrada o día vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco, adoptou o acordo que ten unha parte dispositiva do seguinte teor literal:

«Primeiro.-Clasifica-lo monte demoninado Outeiro de Chorente de 4 ha e 80 áreas de superficie a favor dos veciños da parroquia de Santiago de Folgoso, no concello de Allariz (Ourense), e cos lindeiros descritos no considerando terceiro, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor da persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíqueselle esta resolución ó alcalde-presidente do concello de Allariz, ó representante da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, logo da comunicación á que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

O que por orde do presidente se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 27 de abril de 1995.

José Manuel Baltar Blanco

Secretario do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

9504355