Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DUMBRÍA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Dumbría, pola que se anuncia a convocatoria de adxudicación, por poxa, das obras incluídas no Plan de Cooperación da Deputación 1995, que se cita.

1. Obxecto.

A presente poxa ten por obxecto a contratación da obra nomeada pavimentación de prazas e rúas interiores dos lugares de Figueiroa, Regoelle, Estimán e Farrapa e pavimentación do patio do grupo escolar de Dumbría.

2. Tipo de licitación.

A licitación realizarase á baixa, a partir do tipo de licitación (12.564.627 ptas.).

3. Prezos unitarios.

Os que figuran no orzamento do proxecto técnico.

4. Prazo de execución.

O prazo de execución da obra é de tres meses.

5. Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9.30 a 13.30, en dous sobres pechados, asinados polo licitador, e coa documentación esixida no prego de condicións.

6. Apertura de proposicións.

A apertura de proposicions realizarase no salón de sesións na Casa do Concello, ás 12 horas do día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Fianzas.

Establécense as seguintes fianzas:

a) Provisional: consistente no 2% do orzamento de liquidación, que se acompañará por separado e fóra do sobre de licitación.

b) Definitiva: consistente no 4% do prezo da adxudicación, e que constituirá o que resulte adxudicatario da obra.

8. Modelo de proposición.

O modelo de proposición será o seguinte:

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou representación de..., DNI ou CIF nº... e con domicilio en..., rúa..., nº..., teléfono...) toma parte na poxa convocada por... e publicada en..., de data..., para a execución das obras comprendidas no proxecto de... e para tales efectos fai constar:

1º. Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas en relación co tipo de licitación.

2º. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3º. Que achega, nos correspondentes sobres, a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 19...

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre:

-Sobre A: «Oferta económica».

«Proposición para tomar parte na poxa das obras de..., presentadas por...».

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

En... o... de... de 19...

O licitador (asinado e rubricado).

-Sobre B: «Documentación».

«Proposición para tomar parte na poxa das obras de..., presentadas por...».

En... o... de... de 19...

O licitador (asinado e rubricado).

Dumbría, 30 de xuño de 1995.

José M. Pequeño Castro

Alcalde

9505412