Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 14 de xullo de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta dos terreos necesarios para a localización da Academia Galega de Seguridade, sitos ó

noroeste dos terreos da zona deportiva e de esparexemento municipal, sita en Figueroa e Matabolos; o que se expón á información pública, durante o prazo de un mes contado a partir da inserción deste anuncio no DOG, para que poida ser examinado e presentárense alegacións, fundamentalmente en canto á propìedade dos terreos e valoración, polos que se consideren afectados.

Cítanse como propietarios descoñecidos os donos dos seguintes predios:

-Predio sito en Golga do Fento; superficie: 399 m; lindes: norte, camiño; sur, José Luis Godoy; leste, Manuel López Baños; oeste, Francisco Lodeiro. Monte baixo.

-Predio en Chan da Revolta; superficie: 34 m; lindes: norte, Francisco Loureiro; sur, Deber Vázquez; leste, herdeiros José Carbia; oeste, Claudina Budiño Rosende. Monte baixo.

A Estrada, 18 de xullo de 1995.

O alcalde

Rubricado

9504962